A Concellería de Persoas Maiores de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de abrir o prazo de matrícula nas actividades de envellecemento activo para o curso 201-2011.

A Concellería de Persoas Maiores de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de abrir o prazo de matrícula nas actividades de envellecemento activo para o curso 201-2011. Incluídas no Programa de Atención ás Persoas Maiores, estas actividades desenvolveránse nos centros municipais da Terceira Idade co obxectivo de mellorar a calidade de vida deste colectivo.

O Concello de Narón convoca tres actividades diferentes para o vindeiro curso: ioga, ximnasia rehabilitadora, e cursos de memoria. Os/as interesados poderán facer o pago da matrícula na Caixa do Concello (situada na pranta baixa do edificio consistorial). Haberá dous turnos dependendo da preferencia que teña cada persoa, nos seguintes prazos:

Ioga


-Inicio con preferencia:
Prazo de inscripción aberto ata o 20 de agosto. As persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010, e teñan o resto das cotas ó día poderánse matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro (ou o mes de outubro no caso de San Mateo).

-Prazas vacantes:
Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto
Para menores de 60 anos: do 30 ó 31 de agosto

Ximnasia rehabilitadora

-Inicio con preferencia:
A tódalas persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010 e o resto de cotas ó día, poderáselles matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro. O prazo de inscripción está aberto ata o 20 de agosto de 2010. Ó inicio da actividade, deberán presentar ó monitor/a un novo informe médico no que conste a necesidade de realizar esta actividade e non estean imposibilitados física ou psíquicamente para realizala.

-Prazas vacantes:
Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto
Inscripción a través da educadora social. Deberán aportar a mesma documentación.

Curso de memoria

-Inicio con preferencia:
A tódalas persoas que estean matriculadas e teñan pagado o mes de xuño de 2010 e o resto das cotas ó día, poderáselles matricular con preferencia na actividade se pagan o mes de setembro. O prazo de inscripción finaliza o día 20 de agosto. Deberán presentar un informe médico no que conste a necesidade de realizar esta actividade, e conforme non están imposibilitados física ou psíquicamente para realizala.

-Prazas vacantes:
Para maiores de 60 anos: do 23 ó 27 de agosto.
Incripción a través da educadora social. Deberán aportar a mesma documentación.

Tódolos grupos de actividades comenzarán as clases en setembro, ata xuño de 2011.