O Concello de Narón mantén aberto o prazo de solicitude para optar a axudas escolares de diverso tipo. Os interesados poden obter información e presentar as correspondentes instancias e documentación no Rexistro Xeral do Concello (pranta baixa do Concello) ou no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 horas.

Actualmente existen tres tipos de axudas: para material didáctico e escolar, para bono bus universitario, e para comedores escolares. Esta última axuda estará aberta durante todo o curso escolar 2010/2011 mentres que o prazo de solicitude para as dúas primeiras finaliza o 30 de setembro (material escolar) e o 8 de outubro (bono bus universitario).

Para optar a estas axudas, é necesario cumprir unha serie de requisitos relacionados co nivel de ingresos da unidade familiar, e cubrir unha solicitude xenérica, ademáis de aportar a documentación correspondente en cada caso. Pode consultarse na páxina web do Concello (www.naron.es) , no banner “Axudas escolares e outras subvencións”.