Aberta a inscrición na 2ª edicion de 2010 do Curso de Creacion de empresas. Este curso está dirixido a mulleres, comeza en setembro na Coruña e a inscrición é gratuíta.

A delegación de Galicia da Fundación Mulleres inicia unha nova edición do Curso de Creación de Empresas. Trátase dun curso semipresencial de 100 HORAS de duración, dirixido á realización do PLAN DE EMPRESA.

Este curso iniciarase o 23 de Setembro, e é totalmente gratuíto.

Ao finalizar o curso, as emprendedoras elaborarían o Plan de Empresa da súa idea de negocio, e contará co apoio da Fundación Mulleres para a procura de financiamento e posta en marcha da empresa.

Para aquelas empresarias que iniciasen recentemente a súa actividade e non elaborasen un plan de empresa, o curso ofrécelles a posibilidade de analizar o seu negocio para unha mellor xestión e consolidación no mercado.

As prazas son limitadas, polo que se estás interesada en participar, debes inscribirche canto antes, póndoche en contacto coa Delegación de Galicia no  teléfono 981 29 40 97 ou a través das seguintes direccións de e-mail:

beatriz.blanco@fundacionmujeres.es
berta.lema@fundacionmujeres.es