A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a organizar unha nova edición do Foro de Cidadás de Narón, enmarcado no I Plan de Igualdade Municipal.

A cita terá lugar o vindeiro xoves 30 de setembro, ás 18:00 horas, no sótano da Biblioteca Municipal do Alto. Alí se desenvolverá esta convocatoria, baixo o título “Solidariedade coas mulleres do mundo: a situación das mulleres en zonas de conflicto”.

O Foro constará de dúas partes: por un lado, ofrecerase unha conferencia e a proxección dun vídeo a cargo da Marcha Mundial das Mulleres, e por outro a curtametraxe documental “Crímenes Invisibles” de Wim Wenders, na que se lle dá voz ás mulleres do Congo.