O programa de atención ás mulleres do Concello de Narón ten por obxecto prestar servizo ás veciñas de Narón en moi diversas áreas, entre elas asistencia xurídica e psicolóxica a quen o precise

Como sabemos, a violencia de xénero é un problema social importante e complexo de abordar, dados os múltiples factores (culturais, sociais, familiares e persoais) que inflúen no seu desenvolvemento e mantemento.

Segundo a concelleira responsable desta área municipal, María del Carmen Espada, 192 mulleres requeriron asistencia xurídica durante 2010. Delas, 20 foron atendidas por temas relacionados coa violencia de xénero e 59 por asuntos de familia.

No programa de atención psicolóxica a mulleres e familias vítimas de violencia de xénero e doméstica, 30 persoas foron atendidas nun total de 209 sesións. Cómpre salientar que este programa é financiado íntegramente polo Concello de Narón desde hai anos, unha vez que a Xunta de Galicia deixou de subvencionar a parte do servizo que sufragaba.