Nomeamento da Muller do Ano de Narón, tradicional cea de mulleres, unha exposición de traballos de artesanía na Praza da Gándara, e unha charla sobre a muller no mercado laboral

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentaron en rolda de prensa o calendario de actos conmemorativos do 8 de Marzo, Dia Internacional da Muller. As actividades repartiranse entre os días 8, 11, 12 e 22 de marzo, da seguinte maneira:

  • Dia 8 de marzo: (12:00 horas) Acto institucional de entrega da mención de Muller do Ano de Narón. Trátase dun recoñecemento especial á labor dunha muller destacada polo seu traballo, en calqueira ámbito da sociedade. O acordo de nomeamento é secreto, e foi adoptado xa pola Comisión da Muller no mes de febreiro, dándose a coñecer nese acto do 8 de marzo, que se celebrará na Sala de Reunións do Concello (2º andar-Alcaldía).

“Con este acto, a muller homenaxeada deixa de ser anónima e pasa a recibir o recoñecemento popular, o que permite que a poidamos coñecer mellor”, declarou a     Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada.

  • Dia 11 de marzo: (21:30 horas) Cea da Muller traballadora, no restaurante Casa Becerra (Narón). As entradas poden adquirirse nos locais sociais municipais, e no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ó prezo de 23€ (ó igual que o ano pasado).

 Sobre esta convocatoria, o Alcalde de Narón destacou o feito de congregar a máis de 300 mulleres nun mesmo acto, para festexar esta data. “Esto amosa que o movemento social e a participación cidadá están presentes nas mulleres de Narón”; declarou José Manuel Blanco.

  • Dia 12 de marzo: (de 11:00 a 21:00 horas) Feira-exposición de traballos realizados por mulleres, na Praza da Gándara. Trátase dunha mostra de traballos de artesanía, organizada por segundo ano consecutivo, en colaboración coa Asociación Artefeito Caseiro. 
  • Dia 22 de marzo: (17:30 horas) Charla-coloquio sobre a muller e o mercado laboral. Está patrocinada pola Deputación de A Coruña, e se celebrará nos baixos da Biblioteca Municipal. O Concello está a ultimar os contactos coas mulleres que participarán na charla, destacadas por ter profesións fora do común. Falarán sobre o pasado, presente e futuro do mercado laboral e das súas profesións.