A Concellería de Igualdade organiza unhas Tertulias de Sensibilización sobre a violencia cara ás mulleres

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª Teresa Sabio, ven de organizar unha serie de Tertulias de Sensibilización con motivo da celebración –o vindeiro 25 de novembro- do Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres.

As charlas levaranse a cabo en diferentes parroquias do concello, durante cinco días consecutivos, e nas mesmas se tratarán os seguintes contidos:violencia de xénero analizando as súas causas, formas de manifestarse, medios para combatela, etc…

A Concelleira de Igualdade, Mª Teresa Sabio, fixo un chamamento público ás mulleres de Narón de cara á súa participación nestas tertulias, que se celebrarán nas seguintes datas e lugares:

  • Luns 28 de novembro: O Alto a las 17:00 horas no Centro Cívico Social
  • Martes 29 de novembro: O Val a las 17:00 horas no Centro Cívico Social
  • Mércores 30 de novembro: A Gándara a las 17:00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
  • Xoves 1 de decembro: Pedroso a las 17:00 horas no Local Veciñal de A Pombiña
  • Venres 2 de decembro: Xuvia a las 17:00 horas no Local Veciñal de Mulleres Rurais de Ferrerías

 As interesadas en obter máis información, poden chamar ó número do Concello 981 33 77 00 (extensión 1113).