O pasado 30 de novembro fíxose público o “Informe sobre o desenvolvemento mundial 2012: Igualdade de xénero e desenvolvemento”

Esta é a principal conclusión do Informe sobre o desenvolvemento mundial 2012: Igualdade de xénero e desenvolvemento, do Banco Mundial, que se fixo público en Madrid o pasado 30 de novembro.

O informe liga a igualdade ao aumento da produtividade, afirmando que esta aumentará se se aproveitan máis as aptitudes e talentos das mulleres. Nalgúns países eliminar as barreiras discriminatorias para as mulleres en determinados sectores ou ocupacións podería aumentar a produtividade até un 25%.

Neste sentido destacouse que “a igualdade de xénero é desenvolvemento por si soa porque amplía as liberdades e capacidades de actuación das mujeres e as nenas. E desta forma, mellora o funcionamento da economía e aumentan tamén as oportunidades dos homes e os nenos”. Así mesmo, un maior control das mulleres sobre os recursos do fogar pode mellorar as perspectivas de creciminto dos países grazas a un cambio nos patróns de gastos. Igualmente, a potenciación das mulleres como axentes económicos, políticos e sociais pode modificar as decisións políticas e facer que as institucións sexan máis representativas dunha maior variedade de opinións.

Os avances dos últimos 25 anos

O informe destaca os avances importantes en todo o mundo no referente á redución das disparidades de xénero en educación, saúde e mercados laborais durante os últimos 25 anos.

A desigualdade entre nenos e nenas en educación primaria superouse practicamente en todos os países e estase acurtando tamén en educación secundaria. Os progresos en esperanza de vida tamén foron notables: as mulleres dos países de baixos ingresos non só viven máis que os homes, senón que viven 20 anos máis que en 1960. Así mesmo, en boa parte do mundo, reducíronse as desigualdades respecto da participación no mundo laboral: nos últimos 30 anos máis de 500 millóns de mulleres hanse incor-porado á forza de traballo.

O informe sinala o aumento da participación da muller en cargos do Goberno e a administración pública de diferentes países, que pasou dunha media do 8% en 1998 até o 17% en tan só dez anos. Neste sentido, o documento sinala a España como exemplo de avance en canto a dereitos e liberdades sociais das mulleres desde a década dos 70, xunto con Alemaña, Grecia e Suíza.

Aínda persisten desigualdades A pesar dos avances, o informe también sinala a persistencia de desigualdades en moitos ámbitos. A peor, a excesiva mortalidade feminina respecto da de homes e nenos en países de ingresos medianos e baixos, estimada ao redor de 3,9 millóns cada ano. Segundo datos do Banco Mundial, aproximadamente dúas quintas partes das nenas non chegan a nacer porque os pais prefiren ter fillos homes, unha sexta parte morre na primeira infancia e máis dun terzo falece durante a idade reprodutiva.

O número de vidas perdidas está aumentando no África subsahariana, espe¬cialmente nos países afectados polo VIH. Outras das deficiencias detectadas están relacionadas coa escolarización feminina que, a pesar de crecer de forma xeneralizada, continúa estando moi por baixo do índice masculino nalgúns países do África subsahariana e do sur de Asia.

Tamén se denuncia o acceso desigual das mulleres ás oportunidades económicas e grandes diferenzas en materia de voz e participación entre mulleres e homes, tanto no fogar como na sociedade. O informe sobre o desenvolvemento mundial 2012: Igualdade de xénero e desenvolvemento pódese consultar na web do Banco Mundial: http://www.worldbank.org/ wdr2012