A coeducación é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos afastada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e respecto.

A coeducación é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos afastada da opresión mutua e tendente a unha relación  de xustiza e respecto e en interese dunha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A coeducación é unha das ferramentas máis útiles para poder acabar coa desigualdade transformando así a realidade.

A escola, en tanto que formadora de actitudes de nenos e nenas, constitúe unha plataforma excelente para a superación dos prexuízos sexistas e para a provocación dun cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables. Isto lévanos a facer reflexión global importante sobre que ensinamos, como o ensinamos, a onde nos diriximos en cada paso que damos. Na escola é posible contribuír aos procesos de socialización do alumnado evitando estereotipos sexistas.

A coeducación hoxe: 10 ideas base (por Marina Subirats, Catedrática de Socioloxía da Universidade Autónoma de Barcelona).

  • Facer o máximo esforzo para que as nenas e nenos vaian á escola, cando menos nas idades de escolarización obrigatoria.
  • Conseguir que as nenas e nos nenso acudan aos mesmos centros educativos e compartan as mesmas aulas.
  • Promover o acceso das nenas, en igualdade de condicións, a todas as formas de cultura, coñecemento, currículo, actividades, recursos, xogos, deportes ... aos que teñen acceso os nenos.
  • Analizar os elementos de poder e autoridade, o uso da linguaxe, os usos dos espazos e os tempos, os libros de texto, o currículo oculto, as formas de deporte, etc.
  • Rescatar e introducir sistematicamente a figura de mulleres que tiveron relevancia nalgún ámbito da cultura ou a sociedade.
  • Rescatar e introducir sistematicamente elementos característicos das tarefas de xénero para a superación dos estereotipos.
  • Establecer un plan de traballo para modificar pautas sexistas.
  • Modificar a distribución do poder nos centros.
  • Ensinar ás nenas a participar con eficacia nos xogos e deportes tipicamente masculinos.
  • Considerar toda a cultura escolar á luz de valores tradicionalmente femininos.