A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida por Teresa Sabio, está a organizar a tradicional Cea da Muller, co motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A cea-baile terá lugar o venres 9 de marzo, no restaurante Casa Becerra, e o prezo do cuberto é de 23 euros. O menú estará formado por entrantes, lacón asado con champiñóns e ensalada, postre, viños, cafés, augas e licores. Ademáis, a cena estará amenizada musicalmente.

As entradas poranse á venta a partires do día 27 de febreiro, no Servizo Sociocomunitario Municipal (situado no 1º andar do Concello), onde tamén se poderán retirar as entradas –gratuitas- para a obra de teatro que se desenvolverá o dia 16 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio da Praza de Galicia.

A compañía Mari Clown porá en escea a peza “A vida de Rosa, día tras día” na que se narra a historia dunha muller obrigada a vivir segundo os cánones sociais marcados. Estas entradas tamén se repartirán a mesma noite da cea, entre as asistentes.