O Concello abre o prazo para retirar as entradas do espectáculo teatral con motivo do Día Internacional da Muller

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de abrir o prazo para retirar as entradas do espectáculo teatral “A vida de Rosa…dia tras dia”, que se representará o venres 16 de marzo, dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres.

As entradas, de carácter gratuito, poden recollerse no 1º andar do Concello ou ben o mesmo día do espectáculo, nas taquillas do Auditorio Municipal, ata encher o aforo.

A función se representará ás 20:30 horas. “A vida de Rosa…dia tras dia” é un espectáculo creado pola compañía de mulleres Mariclown, e representa a historia de calquera muller que é forzada a vivir segundo os cánones sociais marcados. A familia, o traballo e a casa representan cargas pesadas de levar, e por riba diso, a muller ten que ser socialmente correcta.

Esta obra componse de tres partes fundamentais: “a boa amante”, “a cociña” e a “corporación dermopatética”. En cada unha delas, faise unha crítica sarcástica e constructiva das actitudes individuais e sociais.