Os concellos de Narón e Neda levarán a cabo o vindeiro xoves 5 de xullo un acto de homenaxe a Iria García Bouza, a muller asasinada a pasada semana en Narón.

A convocatoria servirá tamén para condenar de novo a violencia machista, da que foi vítima esta veciña naronesa.

Está prevista a asistencia dos alcaldes de Narón (José Manuel Blanco) e Neda (Ignacio Cabezón) a este acto, ó que se convoca a toda a veciñanza de ambos concellos e da comarca de Ferrolterra.

O punto de encontro será a Praza do Concello (en Xuvia, diante do antigo Concello) ás 20:30 horas. Alí os asistentes gardarán 1 minuto de silencio, en condena por este asasinato. A continuación, partirase a pé ata a praza de San Roque, onde foi asasinada Iria García Bouza, para facer unha ofrenda floral nese lugar.

Está prevista a lectura dun manifesto por parte dun amigo da falecida. Ademáis, participarán os membros do Club Fojeteiros, do que esta muller formou parte no pasado.