A Cea Anual celebrarase o vindeiro 8 de marzo. O prazo para adquirir as entradas estará aberto ata o día 1.

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de abrir o prazo para a adquisición das entradas para asistir á Cea anual das mulleres de Narón.

A convocatoria estará aberta ata o dia 1 de marzo.

As mulleres interesadas deberán acudir ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) onde se lles facilitará un número de conta bancaria na que deberán facer o ingreso do prezo da entrada (23€). Despois de facer o pagamento, deberán presentarse no mesmo departamento do Concello, para cambiar o xustificante bancario pola entrada.

Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113). A Cea anual das Mulleres de Narón se celebrará o venres 8 de marzo, na sala de festas A Concha (O Val) a partires das 22:00 horas.

O obxectivo desta proposta é pasar unha velada na que as mulleres poidan compartir experiencias comúns, asistir a unha mostra de traballos organizados, con actividades musicais, e cear colectivamente e facer tertulia.