A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou en rolda de prensa o II Encontro Municipal Interxeneracional 2013.

A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou o II Encontro Municipal Interxeneracional 2013, que se desenvolverá o sábado 29 de xuño na  Trece (Sedes).

Co obxectivo de favorecer a convivencia comunitaria e o envellecemento activo, celébrase este encontro de persoas maiores e as súas familias.

Esta xornada inclúe unha exposición de traballos e experiencias persoais e colectivas de diversas actividades: activación saudable, demostracións con actuacións artístico-expresivas, baile, xogos e actos protocolarios.

  • Poden participar tódalas persoas maiores de Narón e as súas familias.
  • O prazo para apuntarse finaliza o día 21 de xuño.
  • O servizo de transporte é gratuito, e a comida é compartida (promóvese que a xente leve a comida da casa).


As inscricións poden realizarse nas seguintes asociacións:

  • AVV Altea de Xuvia,
  •  AVV Ceibe de Narón,
  •  AVV do Alto do Castiñeiro,
  • Club de Anciáns de Piñeiros,
  • AVV Virxe de Fátima de Freixeiro,
  • Centro Comunitario Integrado ‘Manuela Pérez Sequeiros’,
  • Asociación da 3ª Idade de A Gándara,
  • Asociación da 3ª Idade de A Solaina,
  • AVV Chafarís, AVV Rosa dos Ventos de Sedes,
  • Asociación da 3ª Idade de Pedroso,
  • AVV A Naveira de Doso,
  • Fogar de Maiores ‘Terra de Trasancos’ de O Val,
  • e AVV Virxe do Mar.



Programa de actividades:

  • 10:30 horas: Presentación
  • 11:00 horas: Ximnasia
  • 11:15 horas: Pilates
  • 11:30 horas: Ioga
  • 11:45 horas: Cancións
  • 12:00 horas: Musicoterapia
  • 12:15 horas: Cantareiras do Fogar de Maiores de O Val
  • 12:30 horas: Bailes de Salón
  • 12:45 horas: Cantar e divertirse xunt@s
  • 13:00 horas: Danza oriental
  • 13:15 horas: Coral municipal
  • 13:30 horas: Agradecementos
  • 14:00 horas: Xantar
  • 16:00 horas: Entrega de diplomas
  • 16:30 horas: Baile
  • 18:00 horas: Sorteo de agasallos
  • 19:00 horas: Regreso


Durante toda a xornada haberá tamén xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.