O Concello distingue a Dolores con este título polo seu traballo na Asociación de Veciños Virxe do Mar durante 13 anos

O Concello de Narón acolleu o 6 de febreiro o acto institucional de Nomeamento da Muller do Ano 2014.

O galardón recaeu na ex presidenta da Asociación de Veciños Virxe do Mar, Dolores Graña Freire, quen ocupou o cargo entre os anos 1999 e 2012.

A Corporación Municipal, representada hoxe nos voceiros dos partidos políticos que a compoñen, participou nun acto sorpresa no que o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, foi o encargado de anunciar a Dolores Graña (coñecida coma Lola) o seu nomeamento.Con esta recepción, o Concello de Narón recoñece tódolos anos de traballo de Dolores Graña a prol dos seus veciños”, declarou o Alcalde, engadindo que “hai moitas outras mulleres que tamén están facendo un traballo destacado pero resulta imposible homenaxealas, por iso intentamos recoñecer en Lola a todas elas”.

Tamén a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, tivo verbas de agradecemento para a Muller do Ano 2014.Pode ser un exemplo para que tódalas mulleres nos impliquemos na sociedade na medida das nosas posibilidades, e que loitemos por conseguir un mundo mellor” sinalou a edil, quen referiuse a Dolores Graña coma “unha muller traballadora á cal a vida non lle foi sempre fácil”.

Na recepción institucional celebrada hoxe no Concello, fíxose entrega a Dolores Graña dun ramo de flores e un broche, que lucirá na Cea das Mulleres prevista para o venres 14 de marzo no restaurante “A Trasanquesa” (Sedes).Pódense reservar as entradas chamando ó Concello (981 33 77 00- extensións 1108 ou 1113) ou ven no restaurante ata o día 10 de marzo. (Prezo: 15 €).


A celebración dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inclúe ademais:

  • O espectáculo teatral “El(l)as confidencial”, que se representará o sábado 8 de marzo ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Pódense reservar as entradas para o espectáculo chamando ó teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Prezo: 6,65 € (subvencionado polo Concello). En taquilla venderanse ó prezo normal.
  • O mércores 12 de marzo organizarase unha mesa redonda baixo o título “Educando en Igualdade”, ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto.
  • E por último, o xoves 15 de maio confeccionarase un Mural conmemorativo, entre tódalas mulleres asistentes, na Praza de Galicia ás 18:00 horas.