22/07 Martes Entrega de diplomas dos cursos de Igualdade e Confección

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron o pasado 16 de xullo os diplomas do Obradoiro Municipal de Confección e do Obradoiro de Igualdade para Persoal Municipal

23/07 Mércores A Concelleira de Igualdade visita o programa ConciliaEscola Verán, no que participan 25 nen@s de Narón

A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, realizou hoxe unha visita ós nenos/as participantes no programa municipal ConciliaEscola Verán, que estase a desenvolver durante o mes de xullo na Casa da Mocidade (A Gándara) en horario de 7:30 a 14:30 horas.

31/07 Xoves Concentración Silenciosa contra a violencia de xénero

Acto celebrado hoxe ás portas do Concello de Narón, no que se gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos dous últimos casos de violencia de xénero acontecidos esta semana