Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero o Concello de Narón organiza unha serie de actos.

Actos programados para os días 25 e 26 de novembro:


  • Evento: “III Marcha ciclista escolar contra a violencia de xénero”
  • Hora: 10:00
    Actividade: Saída duns 250 rapaces e rapazas en bicicleta desde os colexios do: Feal, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros e do centro Nuestra Señora de Chamorro.
  • Evento: contacontos “Contos vellos, novos finais”, dirixido aos rapaces e rapazas
  • Hora: 11:00
  • Relator: Felipe Díaz (Caxoto)
  • Lugar: Auditorio municipal
  • Evento: “Narón en negro contra a violencia de xénero”
  • Hora: 17:30
    Actividade: Cadea humana na Praza da Gándara con homes e mulleres vestidos de negro

Despois deste evento seguirá a tradicional ofrenda floral no Monumento a Muller na Praza da Gándara, que contara coa colaboración das entidades que forman parte do Consello Sectorial de Igualdade.

  • Evento: Iluminación de cor malva a fachada do Pazo da Cultura
  • Hora: A redor da 18:30 horas
  • Evento: “Faladoiro” sobre “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”
  • Hora: 19:00 horas
  • Lugar: Biblioteca municipal
  • Relator: Rebeca Baceiredo
  • Aforo limitado a corenta persoas

O longo do día tamén está programada unha campaña de sensibilización que contará coa colaboración das panaderías da localidade, as cales entregarán o pan aos clientes nunhas bolsas de papel nas que figurarán teléfonos cos que contactar ante posibles casos de violencia de xénero.

O día 26 rematarán os actos programados desde o Concello co obradoiro “Micromachista eu?”, que terá lugar na Biblioteca entre as 11.00 e as 12.30 horas. Está pensado para menores, a partir de catorce anos, e adultos, que teranse que inscribir no mostrador da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981-382-173. O obxecto é identificar e combater manifestacións de micromachismo.

Este mesmo día, finalizará na Biblioteca municipal do Alto a Mostra bibliográfica infantil con diferentes publicacións sobre a igualdade de sexos.