A concelleira inaugurará mañá estas xornadas organizadas por Aspanemi en colaboración co Concello

A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, participará mañá sábado nas xornadas informativas “Construíndo o noso futuro”, organizadas pola Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía (Aspanemi) e cofinanciadas polo Concello de Narón.

A convocatoria terá lugar nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros desde as 10.30 ata as 14.00 horas, tal e como recordou Sabio. A asistencia ao acto é libre, polo que a edil animou á veciñanza a presenciar as diferentes ponencias que se sucederán ao longo da mañá.Será a edil naronesa a encargada de inaugurar estas xornadas sobre as 10.30 horas, nas que se sucederán diferentes ponencias:

  • Xoana Balado, psicomotricista da Unidade de Atención Temperá de Ferrol, que falará sobre “Xogo e crianza en Antención Temperá: A Xogaina”.
  • Cristina Taboada, traballadora social de Cogami, que abordará o tema da “Dependencia: Solicitude, procedemento e dereito aos recursos (servizos ou libranzas)”.
  • Mar Aguirremota, asistenta persoal desde 2003, que falará precisamente de “Asistencia persoal”.
  • María Muíño, responsable da área de Vida Adulta de Teima Down Ferrol, que analizará o tema da “Vida adulta”.
  • Rafael Pazos, que falará sobre unha experiencia persoal.