Hoxe último día para adquirir os tickets.

As persoas interesadas en asistir á Cea da Muller que se celebrará o vindeiro día 22 de marzo nas instalacións do restaurante Sercotel Odeón, poden adquirir os tickets, a un prezo de 20 euros por persoa, nas instalacións do citado establecemento de hostalería da cidade, hoxe (último día). 

A Cea da Muller, na que se homenaxerará públicamente á deportista Izaskun Hernáez López, Muller do Ano 2019 de Narón, comezará ás 21.30 horas. Familiares e amizades de Hernáez acudirán a esta convocatoria, á que tamén asistirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e outras edís da corporación local naronesa. 

Coa Cea da Muller rematará o programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, e que se iniciou o pasado 8 de marzo coa iluminación en cor malva da fachada do Pazo da Cultura.