Repulsa pola violencia de xénero.

O Concello de Narón acolleu onte un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar os últimos crimes de violencia machista da pasada fin de semana, con tres mulleres asasinadas en menos de 48 horas. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, representantes dos grupos políticos da corporación local, persoal do Concello e veciñas e veciños participaron no acto, que consistiu nun minuto de silencio para recordar ás vítimas e outro de ruído en sinal de repulsa da violencia de xénero. 

Unha muller residente en Madrid, outra en Málaga, e unha terceira en Valga (Pontevedra), María José A., de 43 anos, foron asasinadas esta fin de semana presuntamente polas súas parellas.

Desde o Concello condenáronse os asasinatos machistas e incidiuse unha vez máis na repulsa á violencia de xénero, para a que se urxe tolerancia cero. Así mesmo, no acto desplegouse unha pancarta do Concello, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”.