Destinados a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón. 

A edil explicou que se impartirán un total de catorce cursos nos barrios e parroquias da cidade, debendo formarse grupos dun mínimo de oito persoas e un máximo de quince. Esperamos que todos os barrios e parroquias consigan facer eses grupos para facilitar aos nosos maiores o manexo destas novas tecnoloxías e nos barrios ou parroquias con máis dunha entidade o curso impartirase donde a actividade teña maior demanda, explicou. 

As clases comezarán o vindeiro mes de outubro e rematarán en decembro deste ano, organizándose sesións de dúas horas semanais, tal e como indicou García. En Castro a actividade programouse para os luns de 11.30 a 13.30; en San Xiao os martes, tamén de 11.30 a 13.30; en San Mateo, os martes de 9.15 a 11.15; en Sedes os mércores de 9.15 a 11.15; no Val, os mércores de 11.30 a 13.30; en Xuvia os luns de 16.00 a 18.00; en Pedroso os luns de 18.15 a 20.15; en Freixeiro os venres de 9.15 a 11.15; en Santa Icía os venres de 11.30 a 13.30; no Alto os xoves de 9.15 a 11.15; en Doso os mércores de 16.00 a 18.00; no Couto os mércores de 18.15 a 20.15 e na Gándara os luns de 9.00 a 11.00 horas.

A concelleira naronesa explicou que todos os centros cívicos sociais e de persoas maiores da cidade, donde deben realizarse as inscricións, dispoñen do material correspondente a estes obradoiros, donde lles poden facilitar toda a información precisa sobre os mesmos.Animamos a toda a veciñanza de Narón e ás entidades a que se inscriban e se poñan ao día coas redes sociais, Whatshapp e estean ao día coas novas tecnoloxías porque non queremos que ninguén, e moito menos os nosos maiores, se queden atrás”, asegurou García.