Estará dispoñible ata finais de mes en distintos emprazamentos.

exposición “Mulleres en Narón”, organizada con motivo dos actos conmemorativos do 8M “Día Internacional das Mulleres” pode visitarse dende o 18 de marzo na Praza de Galicia e permanecerá ata o xoves 25 nese emprazamento.

A mostra fotográfica consta de tres paneis nos que se recorda ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” no periodo comprendido entre 2016 e 2020.

Ademáis, segundo manifestou a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, “queremos visibilizar o importante papel da muller na historia de Narón e amosar os recursos que o concello pon a disposición da cidadanía nese ámbito, facendo chegar esta información a través desta exposición a diferentes barrios e parroquias da nosa cidade”.

Gómez animou á cidadanía a visitar esta exposición itinerante,“Mulleres en Narón”, que se poderá ver así mesmo do 25 ao 31 de marzo nas inmediacións do local social municipal da parroquia do Val e a partires do 31 de marzo na praza do antigo Concello de Xuvia donde permanecerá outra semana.