A CONCELLARÍA DE IGUALDADE  TEN O OBXECTIVO

Dende a Concellaría de Igualdade apostamos por unha estratexia de coeducación en igualdade, co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e equilibrada, tendo en conta por igual as diferentes miradas de homes e mulleres. Isto proporcionaría un desenvolvemento máis equitativo e democrático do conxunto da sociedade, que precisa eliminar calquera trato discriminatorio contra calquera grupo.

Malia todo, as normas de comportamento que a sociedade vai marcando en función do xénero perpetúan os roles preestablecidos para as mulleres e os homes, polo que sería importante superar a tradicional división de roles.


Mulleres e homes somos socializados de forma diferente, o que nos leva a actuar de modo desigual. Esta diferenza é, en moitos ámbitos, unha desigualdade discriminatoria e contraria á igualdade de oportunidades, negativa para as persoas.

Para rematar, lembrar que a igualdade é en si mesma un principio democrático.

Narón, 14 de abril de 2011

Teresa Sabio