\n
O Pleno do Concello de Narón insta á Xunta de Galicia á posta en marcha dun Plan de Emprego para as mulleres.Declaración institucional do Día Internacional da Muller
O Pleno do Concello de Narón insta á Xunta de Galicia á posta en marcha dun Plan de Emprego para as mulleres que incida na incorporación das mulleres ao emprego remunerado, que recolla medidas concretas para garantir o principio de a igual traballo igual salario, que incorpore liñas específicas para atallar a discriminación das mulleres nos ámbitos produtivos (labregas, mariscadoras, redeiras,..) nos que hai unha importante presenza feminina.
Elaboración dun Plan de Emprego para as Mulleres, que incida na incorporación das mulleres ao emprego remunerado, que recolla medidas concretas para garantir o principio de a igual traballo igual salario, que incorpore liñas específicas para atallar a discriminación das mulleres nos ámbitos produtivos (labregas, mariscadoras, redeiras,..) nos que hai unha importante presenza feminina.
Desenvolvemento das actuacións previstas na Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.
Darase traslado deste acordo ao Parlamento de Galicia, ao Ministerio de Igualdade e ao Parlamento Europeo.
Links:
[1] http://www.igualdade.naron.es/sites/default/files/ficheros/noticias/imagenesminiatura/2010/01/20100121_declaracion-institucional-do-dia-internacional-da-muller_concello-copia.jpg