\n
O prazo para presentar as axudas para a reducción da xornada laboral e conciliación da vida familiar poderán remata o 31 de agosto de 2010.
As axudas, na modalidade de pagamento único, serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2009 e ata o 31 de agosto de 2010, se atopen ou atopasen no momento da solicitude nunha situación de redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos, ou ben, mesmo superando esa idade, que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33% e sexa menor de 12 anos.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta resolución:
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.
Requisitos
Para poder acollerse ás axudas previstas nesta resolución deberán cumprirse os seguintes requisitos:
Contía das axudas
A contía desta axuda concederase a través dun pagamento único e estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de oito meses. Deste xeito, as contías son as seguintes:
1. Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:
- 2.400 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
- 2.700 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
- 3.000 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.
2. Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:
- 2.700 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
- 3.000 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
- 3.300 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.
3. Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% e ata o 50% da xornada laboral e a súa duración sexa polo tempo máximo de oito meses:
- 3.000 euros se é o/a primeiro/a fillo/a.
- 3.300 euros se é o/a segundo/a fillo/a ou se son xemelgos/as.
- 3.600 euros se é o/a terceiro/a fillo/a ou se son trixemelgos/as.
Máis información no D.O.G. [2]
Prazo de presentación
As solicitudes de axuda á redución de xornada poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de agosto de 2010.
Links:
[1] http://www.igualdade.naron.es/sites/default/files/ficheros/noticias/imagenesminiatura/2010/08/20100810_axudas-conciliacion-da-vida-familiar-e-laboral-para-os-traballadores_padre.jpg
[2] http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/0c836c5f6e1e18f9c12577140078406c/$FILE/08100D002P053.PDF
[3] http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=SI&procedimiento=440A&version=0.0&idioma=gl_ES