\n
As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o vindeiro 16 de maio
A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, explicou que a actividade constará dun total de cinco quendas e que se dirixe a nenas e nenos empadroados en Narón de entre 4 e 12 anos. As instalacións da escola de Domirón (CRA), no Alto, serán o lugar no que se desenvolverá este programa, entre o 25 de xuño e o 30 de xullo. As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o vindeiro 16 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.30, tal e como indicou a edil naronesa.
O programa ConcicliaEscola Verán diríxese a menores de Narón cuxos dous membros parentais traballen e o prezo é o estipulado na ordenanza fiscal número 15, de 8,15 euros por participante e quenda. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e só no caso de que existan vacantes se poderá conceder máis dunha quenda por participante.
“Un ano máis, convocamos este programa de conciliación co que desde o Concello tratamos que as familias da nosa cidade poidan conciliar un pouco mellor durante esas datas a súa vida persoal e profesional”, destacou Sabio, que animou á veciñanza a inscribirse canto antes no programa para poder conseguir algunha das prazas dispoñibles.
Para obter máis información pódese consultar a páxina web municipal (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/conciliaescola-veran [2]), ou tamén chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 ou 1115)
Links:
[1] http://www.igualdade.naron.es/sites/default/files/ficheros/noticias/imagenesminiatura/2018/05/20180514_ultimos-dias-para-inscribirse-no-conciliaescola-veran_two-boys-3396713640.jpg
[2] (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/conciliaescola-veran