\n
A muller foi mostrada dende comezos remotos da historia como débil, submisa, incapaz de pensar por si mesma ou de facer cousas importantes, a que tiña que ser protexida polo home, permanecer no fogar para ser considerada una verdadeira “ señora”. Foi definida seguindo o patrón dos desexos e necesidades do outro sexo; e moitas mulleres así o fixeron inculcándolles estes mesmos valores ás súas fillas e fillos.
Nos nosos días, a muller conseguiu novos espazos e dereitos. Non obstante, se se observa criticamente a realidade podemos ver que persisten as desigualdades e a discriminación en función do sexo. No mercado laboral é maior o desemprego feminino; os postos de traballo ocupados por mulleres son, en xeral, menos valorados socialmente e menos retribuídos economicamente.
De igual forma, as profesións de maior status social foron exercidas tradicionalmente por homes. Os postos directivos seguen ocupados na súa maioría por homes. Outro indicador da desvalorización da muller, e sen dúbida o máis alarmante, é a violencia nas súas diversas formas, exercida por homes contra as mulleres. De aí a importancia de contrarrestar esta realidade dende a educación, comezando no fogar e dende idades moi temperás do desenvolvemento.
PROGRAMA : Atención á muller
DESCRICIÓN: Sensibilizar e fomentar un cambio de mentalidade e de valores entre o persoal do Concello acorde co principio de igualdade entre homes e mulleres a través do desenvolvemento dun programa formativo.
OBXECTIVOS:
LUGAR DE UTILIZACIÓN: centros escolares e centros cívicos sociais
DESTINATARIOS: toda a comunidade educativa, homes e mulleres
GRUPOS MÁXIMOS: 12 persoas
DATAS: de novembro a xuño
HORARIO: dúas sesións de dúas horas
SOLICITUDE INSCRICIÓN: No Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial
PRAZO: Consonte convocatoria.